viernes, 7 de mayo de 2010

CORRELINGUA 2010

O venres 7 de maio o alumnado de 5 anos de E. Infantil e o de 4º de E. Primaria acudiron á cita anual do Correlingua, a carreira pola lingua, que este ano tivo lugar en Ferrol.
Para ver as fotos da saída premer na imaxe. 

miércoles, 14 de abril de 2010

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIAL EN BARALLOBRE- E. Infantil

O alumnado de 5 anos realizou unha saída escolar a Barallobre para partcipar nun obradoiro de Educación Vial.
Para ver as fotos da saída preme na imaxe.

lunes, 12 de abril de 2010

CHARLA DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL - E. Infantil

O luns 12 de abril, as nenas e nenos de 4 e 5 anos de Educación Infantil asistiron a unha actividade na biblioteca do centro organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural.
A actividade consistiu nunha CHARLA DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL e nunha presentación na que lles achegaron os animais mariños para aprender a coñecelos e respetalos.
Para ver as fotos da charla premer na imaxe.

martes, 26 de enero de 2010

EXCURSIÓN DE 4º CURSO Á DOMUS (CORUÑA)

O MARTES 26 DE XANEIRO, O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA FOI DE EXCURSIÓN Á CORUÑA
Saímos do cole ás 9. Visitamos a Domus disfrutando dunha película en 3D e de cantidade de exposición e actividades.
Xantamos na Domus e pola tarde vistamos o Acuario onde baixamos a un submarino, vimos moitos peixes, peixes e máis peixes, pero o que máis nos gustou do acuario foron as focas.
Mirade, mirade que foto máis curiosa
Se queredes ver máis imaxes da nosa visita e comprobar o ben que o pasamos só tedes que premer na fotografía.
Aquí podemos ver un pequeno vídeo diante da "Casa do Home" (Coruña), nun pequeno descanso da excursión