lunes, 20 de junio de 2011

EXCURSIÓN DE 5º A CERCEDA

Hoxe, luns, os alumnos de 5º foron de excursión ao parque acuático de Cerceda. Pouco hai que comentar, soamente dicir: PÁSARONO FENOMENAL nunha estupenda e divertida xornada de convivencia!!


Premendo na imaxe pódense ver todas as fotos da excursión.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 3º A CERCEDA

Por fin o tempo deixounos facer esta excursión! Estaba programada xa para o venres, pero... choveu!. Hoxe foi posible ir ao parque acuático de Cerceda, por fin!.





Premendo na imaxe pódense ver todas as fotos da excursión

miércoles, 15 de junio de 2011

EXCURSIÓN DE 4º A SOTAVENTO

Hoxe os alumnos de 4º de Primaria foron de excursión ao parque eólico de Sotavento onde poideron comprobar a importancia das enerxías renovables.
Os alumnos foron divididos en tres grupos e cada un eles pasou por tres actividades:
- Visita a unha casa bioclimática con todos os sistemas domóticos para o aproveitamento e aforro enerxético.
- Comprobación, por medio de gráficos, do consumo dos distintos tipos de bombillas e electrodomésticos.
- Demostración do aproveitamento do vento e visita á sala de máquinas con explicación dos distintos tipos de muiños existentes ao longo do tempo.
Ao finalizar as tres actividades os rapaces almorzaron e despois escribiron nun grobo hinchado con helio un pensamento ou desexo para o aproveitamento enerxético. Festexabamos o día do vento, que era hoxe, e soltamos os grobos cos desexos todos á vez.
Como remate da visita visitaron un muiño eólico de verdade.
A visita foi moi produtiva para a súa formación e afianzamento dos coñecementos traballados na clase sobre as enerxías renovables.
Premendo na imaxe pódense acceder á nosa galería de fotos para ver as imaxes da saída.

viernes, 10 de junio de 2011

EXCURSIÓN DE E. INFANTIL Á GRANXA ALDEA NOVA

FICHA DA SAÍDA
NIVEIS: 3, 4 e 5 anos.
DATA: Luns, 6 de xuño de 2011.
HORARIO: de 9:00 a 16:00 h.
LUGAR: Aldea Nova - Sedes - Narón.
DESCRIPCIÓN: Parque temático integral de desenvolvemento rural. É un espazo aberto e vivo adicado á natureza e á cultura rural de Galicia, ao seu estudo, divulgación e conservación.
ACTIVIDADES DIRIXIDAS: Ao longo da xornada desenvolvéronse cinco actividades organizadas e rotativas:
  1. Plantas aromáticas. Observación da horta: as plantas, os seus coidados e a utilidade e beneficios para as persoas.
  2. Visita ás cortes. A granxa: animais autóctonos, coidados que requiren, lugar onde viven, as cadras.
  3. Contacontos na lareira. A casa tradicional galega: Observación da casa-museo, tradición, lendas e contos arredor da lareira.
  4. Obradoiro cos elementos naturais: Confección dun mural utilizando follas, sementes, etc. das plantas do contorno.
  5. Xogos de grupo regrados.
 Esta é a presentación cunha escolma de fotos da saída:


Para acceder á totalidade das fotos da saída premer na imaxe seguinte:

martes, 7 de junio de 2011

EXCURSIÓN DE 5º A LUGO

Hoxe, martes 7 de xuño, o alumnado de 5º foi de excursión a Lugo. Saímos do centro ás nove da mañá e chegamos a Lugo ás dez e media. Alí demos unha volta completa á muralla de Lugo dende onde divisamos os tellados de toda a cidade. Despois visitamos a Catedral e demos unhas voltas polo centro de Lugo onde poidemos mercar agasallos para as nosas familias. A continuación disfrutamos da beleza dunha exposición do pintor Luis Seoane na Fundación de Caixa Galicia de Lugo. Collemos o autobús e fomos comer ao Club Naútico onde poidemos disfrutar dunha tarde de xogos. Pasámolo moi ben.
Premendo na imaxe pódese acceder a todas as fotografías da excursión.

martes, 31 de mayo de 2011

EXCURSIÓN A COSPEITO

O alumnado do primeiro ciclo acaba de visitar  a Granxa Garabullos, en Cospeito, na Terra Cha luguesa.
Ao chegaren alí repartíronnos en tres grupos: mentres uns facían un percorrido polo monte, outros visitaban os animais e os demais aprendían a facer o pan.
Despois de xantar,  participamos en diferentes xogos dirixidos por dous monitores.
E  para rematar,  cada un de nós trouxo o boliño de pan que fixera antes.
Pasámolo moiiii ben!!
Para acceder ás fotografías da saída premer na imaxe.

viernes, 13 de mayo de 2011

CORRELINGUA 2011

O alumnado e Ed. Infantil de 5 anos e de 1º de Primaria asistiu o 5 de maio á festa do Correlingua, que este ano se celebrou en Narón.
Primeiro tivo lugar un festival no auditorio no que poideron ver uns números de maxia, as intervencións de grupos de alumnos e alumnas de varios colexios e a actuación dun grupo musical co seu espectáculo TIC-TAC, que puxeron a bailar entusiasmados á totalidade dos asistentes.
A continuación participaron en multitude de xogos populares no exterior.
Pasárono moi ben nesta festa de convivencia do galego á que asistiron moitos centros da bisbarra.
Para ver as fotos da saída premer na imaxe.

miércoles, 11 de mayo de 2011

PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL EN BARALLOBRE

O alumnado de 5 anos asistiu ao Parque de Educación Vial de Barallobre para mellorar os seus coñecementos sobre as normas de circulación para os peóns e de seguridade cando viaxan nos distintos vehículos.
Os nenos e nenas utilizaron distintos medios de locomoción para moverse polo parque poñendo en práctica todo o aprendido.
Para ver as fotos da saída pemer na imaxe.

lunes, 11 de abril de 2011

Visita á Casa do Mel

 

O ALUMNADO DE 1º VISITA A CASA DO MEL

 

O alumnado de 1º de Primaria realizou unha saída á Casa do Mel na que poideron observar de preto o mundo das abellas e os produtos por elas fabricados, os aparellos que se utilizan para a extracción do mel e da cera, distintos tipos de colmeas e moitísimas cousas máis.
Esta é a presentación coas fotos desta saída tan didáctica e interesante.
 Para acceder á totalidade das imaxes desta saída premer na imaxe  

viernes, 8 de abril de 2011

Visita á ecogranxa de Xanceda

VISITA Á ECOGRANXA DE XANCEDA

O día 8 de abril o alumnado de 6º de E.Primaria, visitou a Eco Granxa Escola de Xanceda, no concello de Mesía. Alí aprenderon o que é  unha granxa ecolóxica.
A explotación consta de 350 vacas que viven ceibes polos prados da propiedade. A herba que comen non está tratada con pesticidas, nin herbicidas; é pasto natural. Tamén se alimentan da herba ensilada que eles mesmos recollen e ensilan de xeito natural. Os prados son abonados co estercol que as propias vacas producen.
Os alumnos fixeron diferentes labores agrarias: dar o biberón aos puchos, recoller a herba para os comedeiros da vacas novillas, cepillar e dar avea ás ovellas, cabras e aos ponis. Visitaron unha carballeira e xogaron no rocódromo, cama elástica, etc que teñen habilitado para eles. Tamén viron a sala de ordeño e onde se elaboran os iogures (os cales tiveron a oportunidade de degustar). Trouxeron de recordo un io-io de madeira e un diploma que os acredita como coñecedores da agricultura ecolóxica.
 AQUI TEDES UNHA PRESENTACIÓN COAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS
Todas estas imaxes están na nosa galería de fotos. Para acceder a elas hai que premer na imaxe