martes, 31 de mayo de 2011

EXCURSIÓN A COSPEITO

O alumnado do primeiro ciclo acaba de visitar  a Granxa Garabullos, en Cospeito, na Terra Cha luguesa.
Ao chegaren alí repartíronnos en tres grupos: mentres uns facían un percorrido polo monte, outros visitaban os animais e os demais aprendían a facer o pan.
Despois de xantar,  participamos en diferentes xogos dirixidos por dous monitores.
E  para rematar,  cada un de nós trouxo o boliño de pan que fixera antes.
Pasámolo moiiii ben!!
Para acceder ás fotografías da saída premer na imaxe.

viernes, 13 de mayo de 2011

CORRELINGUA 2011

O alumnado e Ed. Infantil de 5 anos e de 1º de Primaria asistiu o 5 de maio á festa do Correlingua, que este ano se celebrou en Narón.
Primeiro tivo lugar un festival no auditorio no que poideron ver uns números de maxia, as intervencións de grupos de alumnos e alumnas de varios colexios e a actuación dun grupo musical co seu espectáculo TIC-TAC, que puxeron a bailar entusiasmados á totalidade dos asistentes.
A continuación participaron en multitude de xogos populares no exterior.
Pasárono moi ben nesta festa de convivencia do galego á que asistiron moitos centros da bisbarra.
Para ver as fotos da saída premer na imaxe.

miércoles, 11 de mayo de 2011

PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL EN BARALLOBRE

O alumnado de 5 anos asistiu ao Parque de Educación Vial de Barallobre para mellorar os seus coñecementos sobre as normas de circulación para os peóns e de seguridade cando viaxan nos distintos vehículos.
Os nenos e nenas utilizaron distintos medios de locomoción para moverse polo parque poñendo en práctica todo o aprendido.
Para ver as fotos da saída pemer na imaxe.