lunes, 23 de noviembre de 2009

SAÍDA AO MONTE BREAMO - E. Infantil


O alumnado de E. Infantil fixo unha saída ao Monte Breamo o luns 23 de novembro para observar o outono en todo o seu esplendor. Vimos os cambios nas árbores autóctonas, os froitos dalgunhas delas, cogomelos espectaculares e follas e máis follas de tódalas cores posibles. Foi moi didáctico e divertido.
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos.

martes, 6 de octubre de 2009

BAUTISMO DE MAR

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º DE PRIMARIA RECIBEN O SEU BAUTISMO DE MAR

O alumnado de 2º curso de Educación Primaria recibiu o seu BAUTISMO DE MAR na ría de Ferrol.
Acompañáronnos os seus profes J Luis, Fernando e Norit e a coidadora Mar.
Premer na imaxe para acceder ás fotos.

viernes, 5 de junio de 2009

EXCURSIÓN DE 3º CURSO A SANTIAGO

Os alumnos de 3º de Primaria no curso 2008-09 foron de excursión de fin de curso a Santiago de Compostela.
    Visitaron:
  • Galicia Dixital
  • A Catedral con guía
  • Museo de Hª Natural
  • Pasearon polo Campus
Á volta pasaron pola casa da profesora Maribel, para ver os animais: coellos, galiñas , un porco ...
Se queredes ver as imaxes hai que premer na foto